O Couto fai prender a semente do futuro da Aldea

La Voz

PONTECESO

<span lang= gl >Á esquerda, reunión do banco de sementes do Couto; á dereita, nenos das aulas científico-tecnolóxicas, traballando</span>
Á esquerda, reunión do banco de sementes do Couto; á dereita, nenos das aulas científico-tecnolóxicas, traballando . a. garcía< / span>

Empezou un banco de intercambio e os rapaces das Aulas Científico-Tecnolóxicas tamén avanzan en proxectos

24 abr 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Co alimento da Fundación Eduardo Pondal como apoio, nesta fin de semana coincidiron na Aldea do Couto, en Ponteceso, dúas actividades que, de xeitos distintos, tratan de facer prender o futuro da aldea, a busca de saídas para a supervivencia do medio rural, para que vivir nel sexa posible. Así, o venres botou a andar un banco de sementes: trátase de que cada un leve do que teña, do propio, do autóctono, para intercambiar o que faga falta e que enraícen os xermolos de aquí. O banco de sementes, como dicía a cesteira Lola Tourón hai uns días, nace con vocación comarcal. Por outra banda, onte, nenos participantes nas Aulas Científico Tecnolóxicas Isidro Parga Pondal reuníronse para argallar proxectos de cara ao Premio Luís Freire. Polo tanto, perséguese a excelencia, cos pés na terra mesma, e a través da mente nova dos rapaces.