Os Bos e Xenerosos recollen os seus premios esta tarde

La Voz

PONTECESO

SIRO LOPEZ

A Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso fará entrega dos galardóns en Ponteceso

22 oct 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

A Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso fará entrega esta tarde dos Premios Bos e Xenerosos. Os galardoados este ano son a cantante Guadi Galego, o catedrático Ángel Carracedo, a xornalista, cineasta e escritora Margarita Ledo e o debuxante Siro López. O acto de entrega está previsto para as 18.00 horas, na sede da Fundación, en O Couto. Está prevista a asistencia da directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Blanca García Señoráns; do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; do presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero e tamén do escritor e grande amigo da Fundación, Xosé Neira Vilas. Por suposto, haberá tamén unha ampla representación do padroado da Fundación Pondal. ilustración siro lópez