A cultura galega volverá florecer no Couto en maio coas Festiletras

A aldea pontecesá celebrará a súa gran festa con oito días de actividades

A música xa estivo presente onte na presentación do programa das Festiletras.
A música xa estivo presente onte na presentación do programa das Festiletras.

«Estades nun lugar emblemático e tedes a sorte de ter un programa das Letras Galegas como hai poucos en Galicia, mesmo nin nalgunhas grandes cidades». Con estas verbas animou onte o secretario xeral de Política Lingüística aos rapaces do colexio Eduardo Pondal reunidos no Couto a aproveitar as actividades que se desenvolverán na pequena aldea pontecesá entre o 10 eo 17 de maio. Valentín García ratificaba así o seu compromiso coas Festiletras, unha celebración que segundo explicou só uns intres antes Luís Giadás -patrón da Fundación Pondal- citando a Curros Enríquez permitirá a todos os veciños vivir un «maio de flores [culturais] cuberto».

Oito xornadas de moitas letras con persoeiros como Víctor Freixanes -pregoeiro-, Xosé Neira Vilas, Manuel Rivas e Yolanda Castaño, pero tamén de música (Amancio Prada, Guadi Galego, Inllar, Lúa Chea de San Xoán ou Samarúas), humor (Luís Davila), e outras manifestacións artísticas diversas (Xosé Vizoso, Pinto D?Herbón, Siro López...) volverán convertir Ponteceso nunha referencia cultural posible grazas ao traballo de todo o movemento asociativo local (Fundación Pondal, Monte Branco, Inllar, Con V de Valarés...), pero tamén a un longo listado de patrocinadores e colaboradores: Xunta, consellerías de Cultura, Industria, e Traballo, Deputación, concellos de Ponteceso e Cabana, arzobispado, Ecomuseo Forno do Forte, centros de ensino do municipio e as empresas Buketé, R e Huiclós, según destacou Xosé María Varela, no transcurso dun acto no que tamén participaron Elena Fabeiro, xerente da Fundación Artesanía de Galicia, e José Luis Fondo Aguiar, alcalde de Ponteceso e presidente da Fundación Pondal.

O rexedor recoñeceu o seu orgullo e o de todos os pontecesáns por ter nacido na mesma vila que Pondal, tal como apuntara ao principio do acto Valentín e García e tal como certificaron tamén Silvia Losada e os escolares presentes cantando o famoso e fermoso poema no que o Bardo conta: «Eu nacín cabo de pinal espeso / eu nacín na pequena Ponte-Ceso». A interpretación do Himno Galego por todos os presentes postos en pé puxo o punto final ao acto ao tempo que abría a conta a atrás para as próximas Festiletras.

O programa inclúe, letras, música, humor obradoiros e artesanía

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos

A cultura galega volverá florecer no Couto en maio coas Festiletras