A exposición itinerante que impulsa a área de Igualdade da Deputación xa se pode ver na vila da Barca
02 oct 2026 . Actualizado a las 16:40 h.Acolle a sala Gervasio Sar de Muxía, dende o xoves ata o día 12, a exposición itinerante Sinaladas. A loita das mulleres no século XX: cen anos de conquistas e represión. Coordinada pola xornalista e investigadora Montse Fajardo, a mostra chega da man da Deputación da Coruña, e con ela quérese recuperar e poñer en valor a memoria de 540 mulleres galegas que protagonizaron loitas sociais, políticas e colectivas, mais que a historia silenciou en maior ou menor medida. Sufriron persecución e represión por defender os seus dereitos ou cuestionar inxustizas. Sol Agra, deputada de Igualdade; Javier Sar, alcalde, e Aurelia Picallo, concelleira de Igualdade muxiá, tomaron parte na inauguración: «Mantemos o compromiso coa divulgación da historia que nos agocharon», dixo Agra. A exposición xira dende o 2023 e fai un percorrido de aproximadamente cen anos, dende finais do século XIX ata o remate do século XX. Este mesmo venres, por outra banda, pasou tamén pola vila a propia Montse Fajardo, para ofrecer unha charla.