O mercado mariñeiro segue en marcha este domingo, con actividade da mañá á noite
09 ago 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Seguen hoxe • A rúa Real plena de xente e de postos artesáns. A imaxe xa é icónica do Mercado Mariñeiro das Rutas do Mar, unha festa por e para os muxiáns que, logo da velada de onte, pregón incluído, hoxe continúa con programa completo. Máis alá da artesanía, da gastronomía e do entretemento que cada un poida atopar, irán pasando pola vila en formato pasarrúas Xaramiños do Corpiño, cabezudos e Os Viqueiras, Fol de Veneno, Piratas Malabaristas, Petaforte, zancudos mariñeiros, A Lilicleta e Faíscas da Pontraga. Serán actuacións en praza as de Argalleiros de Xacarandaina (17.00 no Cabo da Vila e 19.00 na praza da Constitución) e Abaladeiras (18.00 na praza da Constitución e 19.00 no cabo da Vila). Ás 20.30, degustación gratuíta de peixe espada e rodaballo, na lonxa, e ás 22.30, concerto de Luar na Lubre no malecón.