Celebrarase os días 8 e 9 agosto
03 jul 2026 . Actualizado a las 05:00 h.O Concello de Muxía vén de abrir o prazo de inscrición da nova edición do Mercado das Rutas do Mar, que se vai celebrar os días 8 e 9 agosto. A actividade vaise pechar este ano cun concerto de Luar na Lubre, precisamente na noite do domingo.
O rexedor Javier Sar, a tenente de alcalde e concelleira de Cultura e Festas, Sandra Vilela, e a técnica municipal Miriam Carril presentaron esta pasada mañá o cartel desta feira que vai cumprir 18 anos, a súa maioría de idade.
As persoas interesadas en participar poden presentar a súa solicitude ata o día 24 de xullo tanto a través da sede electrónica do Concello de Muxía como de maneira presencial do rexistro xeral.
Todas as persoas inscritas estarán convocadas a unha reunión de coordinación que se celebrará o 27 de xullo, ás 19.00 horas, no salón de plenos na Casa do Concello. O goberno local anima aos artesáns, produtores e entidades do municipio a participar en una cita que se consolida como unha das grandes referencias do calendario estival na Costa da Morte.
Para a última xornada do Mercado das Rutas do Mar, o Concello de Muxía prepara tamén unha xa tradicional degustación de peixe, ademais de actuacións musicais e animación de rúa.
Durante o segundo fin de semana de agosto a vila da Barca convértese nun escaparate onde artesáns e produtores da propia Muxía e doutros lugares da Costa da Morte amosan as súas creacións.
Tamén haberá actuacións para toda a familia, como conta contos e espectáculos diversos e recrearán o ambiente mariñeiro que se pretende conseguir.