Xa este fin de semana vén completo: teatro o venres, concerto o sábado e ioga/brunch o domingo
05 jun 2026 . Actualizado a las 00:05 h.Xa esta fin de semana • O mes de xuño traerá ao cámping Lago-Mar de Muxía unha axenda cultural plena de actividades: concertos, teatro, monólogos, unha andaina, clases varias e mesmo unha gran festa de San Xoán, o día 23, que incluirá a actuación de Os Roquiños e un convidado sorpresa. Con todo, non haberá que agardar ata aló para poder gozar das citas neste espazo xestionado pola cooperativa cultural Horta Creativa. Calquera consulta pode tramitarse a través de info@campinglagomar.es.
Achégase esta primeira fin de semana do mes e a cita inicial será mañá, unha velada teatral ás 21.00 horas coa compañía Lingua de trapo e a súa proposta O velorio de Pepe O Charamuscas. Soa a comedia pura e dura. Para o sábado quedará o concerto dos ferroláns Feed The Pet, indie-rock programado para as 19.30 horas. Finalmente, o domingo pola mañá, será quenda de ioga e brunch con Miriam Amado (10.00, 28 euros).