
Moita actividade nas instalacións muxiás
11 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O cámping muxián de Lago-Mar prepárase para unha nova xeira de actividades culturais de cara a esta vindeira fin de semana.
Comezarán o venres coas risas que espertará o grupo de teatro de Camelle coa súa peza First Lerias, unha comedia da que se poderá gozar a partir das nove da tarde.
O sábado será día de concerto, desta banda co portugués Homem em Catarse «e a súa música chea de poesía, maxia e saudade», explican dende a xerencia do cámping. Será á unha da tarde, mais nesa xornada haberá así mesmo un obradoiro de creación de pandeiro ao que os interesados aínda se poden anotar: abonda con remitir un correo ao enderezo info@campinglago.mar.es.
E o domingo, ademais do habitual brunch, convidan dende Lago-Mar ao concerto de Tabernarias, un grupo que reivindica as tabernas «como punto de encontro e de creación cultural». Ao igual que a do sábado, esta proposta será tamén á unha.