Maxia, contos e historias de medo no Samaín muxián

La Voz CARBALLO / LA VOZ

MUXÍA

BASILIO BELLO

Ademais, nas Torres do Allo aproveitarán este sábado para festexar conxuntamente o magosto e o Samaín

20 oct 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Con tres actividades para tódolos públicos festexará o Concello de Muxía o día máis terrorífico do ano, o Samaín.

A programación comezará o sábado 26 cun espectáculo do mago Paco, A casa encantada, que poderá verse no Salón do Voluntariado a partir das seis da tarde. O mércores 30, Tralos pasos do sacauntos, una actividade de contos e xogos temáticos que aterrará na biblioteca municipal ás cinco e media.

E o xoves 31, Lecturas do Purgatorio, unha proposta na que se lerán historias sobre mitoloxía e diversas historias de terror. Será ás cinco e media, na biblioteca.

Dende o Concello animan aos participantes a acudir disfrazados e ataviados coas súas historias máis terrorifícas, no caso dos que participen na derradeira actividade. Para esa e para a do día 30 será necesario anotarse previamente chamando ao teléfono 981 742 563.

Torres do Allo

O pazo máis antigo de Galicia tamén festexará o Samaín o vindeiro sábado, día 26. Ás catro e media haberá un obradoiro para crear pantasmas e monstros decorativos, e ás seis, Contos de Animalario, a cargo de Vero Rilo.

Ademais, nas Torres do Allo tamén se celebrará ese día o tradicional magosto. Haberá castañas gratuítas, música con Adro e Churía e unha cantina dos alumnos de cuarto da ESO do IES baiés.