Promoviu a Asociación Galega de Escritores e estiveron presentes varios autores, que asinaron exemplares e participaron en coloquios e outras actividades
23 jun 2024 . Actualizado a las 05:00 h.Un ano máis, volveron as letras ao paseo marítimo de Muxía da man da Asociación Galega de Escritores e o Concello, que colaboraron na organización dunha xornada na que participaron diferentes autores e na que houbo actuacións musicais, coloquios e mesmo sinatura de exemplares.
Nomes como o do ceense David Lema, ou o de Antonio D'Tenerife, David Gago, Andrea Micc, Mav Alonso, Patricia Fernández, María Lucinda Rey Escribano ou Israel López estiveron presentes nesta xornada, especialmente animada durante a hora do vermú grazas á actuación do dúo Amaromar, integrado por Patricia Fernández e Eugenia SanMartín.
Estaba previsto, así mesmo, un espectáculo de Aldaolado a última hora da tarde, mais unha indisposición de última hora obrigou a aprazar esta proposta e acabou tomando o relevo improvisadamente Eugenia SanMartín para clausurar o evento.
Representantes municipais, que colaboraron na promoción da cita e se personaron no lugar ao longo da mañá, valoraron positivamente a xornada, que recalaba en Muxía por segundo ano.