Iago Toba: «Vexo un futuro positivo, a pesar das incertezas que trouxo o coronavirus»

UN AÑO DE CORPORACIONES | ENTREVISTAS AL ALCALDE DE MUXÍA, IAGO TOBA (PSOE) Y A LOS PORTAVOCES DE LA OPOSICIÓN | «O que non vou facer é deixar o santuario da Barca no estado no que está», dice el regidor


Iago Toba (Muxía, 1987) asumiu a alcaldía muxiá o pasado 2019, despois dun mandato como edil. O socialista, que sucedía a Félix Porto, revalidou a maioría para o PSOE: sete de once concelleiros.

-Como foi este primeiro ano, á marxe do impacto do covid-19?

-Para min supuxo un cambio de vida radical, tanto no persoal como no día a día. Sabía a onde ía, iso si, aínda que dende fóra non se ve o que se ve dende dentro. Asumes unha responsabilidade e todos os casos coma se fosen teus, intentando buscarlles solucións. Vaise collendo soltura pouco a pouco: é unha sensación difícil de explicar, pero agradable, saber que podes facer cousas polo teu pobo. Esa satisfacción compensa todos os problemas que poidan vir.

-Como lles afectou o covid?

-Transformou a xestión rutinaria do Concello, e aínda por riba, no meu caso, recén chegado. Estás acabando de coñecer o traballo diario, o contacto cos veciños, adaptando o persoal a aquilo que pretendes e á túa forma de traballar... e de repente aparece un elemento que rompe todos os esquemas. Xuntouse esa adaptación coa coordinación para dar resposta á situación. Non só se trata de traballar e de xestionar o problema e a crise, senón de tranquilizar á poboación, e de aí moitas das accións tomadas incluso antes de tempo: pechar locais, comprar maquinaria... Como experiencia, o coronavirus supuxo todo un máster.

-Cales son os plans do goberno municipal para Muxía?

-A causa do covid-19 tiven que paralizar os orzamentos, que estaban para ir a pleno en marzo, e reformulalos, enfocándoos cara ás novas necesidades que van xurdir: máis material e persoal, pero sobre todo servizos sociais. Foi aí onde naceu o primeiro paquete de medidas, 33, relacionadas directa ou indirectamente coa situación causada polo coronavirus. A pesar diso, a miña sensación é boa. Vense de aprobar unha inversión real de 2,5 millóns, que vai redundar nos veciños e tamén no movemento das empresas. Inclúense proxectos moi ambiciosos, como a reformulación das oficinas do concello para centralizar nun único espazo Servizos Sociais, en previsión do movemento que vai ter esa área e para que os veciños non anden dun lado para outro; a estrada a Touriñán ou a mellora no entorno do santuario da Barca en canto a iluminación, sinalización... Falo dunha inversión real, non de cálculos. En ano e medio de mandato teranse mobilizado case tres millóns, algo posible porque se cumpriu a regra de gasto e estabilidade orzamentaria. Polo tanto, vexo un futuro positivo a pesar das incertezas que nos trouxo o covid.

-En canto á Barca e ao retablo... Agardaba tanta resposta ante a idea de facer unha réplica?

-Absolutamente. É normal en calquera cuestión que trate unha sensibilidade especial, xa sexa cultural, histórica, relixiosa... e máis aínda unha cuestión que une todos eses elementos. A Barca traspasa todas esas fronteiras. Como muxián e como alcalde, tiña a oportunidade de activar este tema e decidín actuar, aínda sabendo que vai ser polémico. É sacando o tema como se pode pulsar tamén a opinión da veciñanza: podo garantir que o 80-90 % está a favor da idea na que estamos involucrados, tendo en conta ademais que estamos a falar de empresas serias, expertas na materia, para levalo a cabo. A opinión dos expertos é respectable, pero tamén a é a dos veciños. Eu estou aquí elixido polo pobo e debo darlle resposta. Sorpréndeme, iso si, que isto levase anos paralizado, e que sexa agora que saco adiante esta cuestión cando salten as alarmas en certos sectores. Hai que buscar unha alternativa viable, no económico e na execución, e esta éo, ademais nun tempo prudencial. Se eles [os que propoñen unha obra nova] son quen de atopar financiamento para a súa idea, pois entón analizarase. O que non vou facer é deixar o santuario no estado no que está, porque iso non mo perdoaría sabendo que fun alcalde de Muxía.

Algo positivo. «En positivo quédome coa satisfacción de poder facer algo polo meu pobo, como muxián e como morriñento que son, se se pode dicir así. Esa sensación é indescritible».

Algo negativo. «Nunha situación de crise coma esta, diría que o negativo son as incertezas, algo que che leva a gastar moito tempo e mais tamén moitas horas de sono, igual que os problemas cos que tes contacto a causa do propio cargo».

Sandra Vilela (PP): «Fai o que quere, sen falar con ninguén»

A miña valoración deste primeiro ano de mandato non é negativa, é moi negativa», asegura Sandra Vilela, portavoz del PP, con tres ediles en la corporación muxiana. «Un ano no que, aínda con maioría, non foi capaz de sacar adiante os orzamentos... iso xa di moito dun goberno», reseña. Recuerda que los 2,5 millones para obras aprobados no solo no resuelven ningún problema estructural del municipio, como puede ser el del agua y más ahora que abrirá el Parador, sino que en gran medida son proyectos «herdados de Félix Porto». Tacha al ejecutivo local de falta de ideas. «Tampouco hai ningunha novidade en política social, e ao turismo deixouno tirado, non hai ningunha alternativa real para eles», valora.

Seguir leyendo

Carlos Fernández (BNG): «Levamos tempo pedindo un plan de desenvolvemento para Muxía»

«É un ano peculiar, por todo isto da pandemia», valora Carlos Fernández Concheiro, portavoz del BNG, con un edil en la corporación. Dejaron pasar un tiempo para ver cómo funcionaba el gobierno, y más con un alcalde que era «novo», pero transcurrido ese período consideran que la gestión «deixa moito que desexar». Explica que no se está trabajando en problemas reales y que, por contra, se ponen en marcha iniciativas «que non sabemos moi ben a que veñen» y que hasta semejan «propaganda», como le parece el caso del retablo. Fernández se queja: «Nós sempre estamos solicitando diálogo, pero non o vemos por ningún lado». Indica que con el covid-19 han hecho siempre una «oposición responsable», pero vería mucho mejor «que se consensuasen solucións»: «Boas palabras, pero ao final feitos consumados». «Non me parece que sexa o momento», dice sobre la cuestión del retablo. Independientemente de su opinión al respecto (no es partidario de una copia), cree que un político ha de hacer pedagogía y que nadie puede ser especialista en todo, de ahí que demande que se tengan en cuenta y se pida consejo a quienes puedan aportar ideas al respecto: «Antón Castro, Manolo Vilar, Fernández Carrera... ademais vinculados a Muxía». Cree que «á xente hai que darlle opcións». Echa en falta un plan de desarrollo para Muxía, para un municipio con tantos recursos: turismo, pesca, agricultura...: «Medidas concretas. Un plan a medio e longo prazo para poñer en valor o noso».

Seguir leyendo

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Iago Toba: «Vexo un futuro positivo, a pesar das incertezas que trouxo o coronavirus»