Toponimízate


O mércores, a campaña Toponimízate da Secretaría Xeral de política Lingüística e da Real Academia Galega chegou a Muxía, dirixida sobre todo a escolares. A xente nova, para que coñezan un patrimonio inmaterial ao que a moitos galegos non lle dan ningunha importancia. Somos así, que lle imos facer: movemos marcos, plantamos eucaliptos sen necesidade, erguemos adefesios urbanísticos, tiramos lixo no medio dos camiños, deixamos morrer a lingua, botamos pólvora no mar, e non lle damos importancia a tesouros da nosa cultura que xa lles gustaría a outras comunidades europeas. Xa sei que non se pode xeralizar, porque hai moita xente que non é así, pero eu xa vou maior e empezo a ser máis pesimista que optimista co que vexo.

A toponimia é un deses tesouros. Xa non polos nomes de lugar (todos somos dun lugar e dunha parroquia; o do concello é discutible; o concepto aldea é alleo), que xa moito é. Moitos lugares, moitos nomes, e todos significan algo. Cada un leva o ADN dentro, a súa orixe. Castro, Sobreira, Gándara, Brandomil, Pazos... Transparentes e menos transparentes, polas deturpacións e evolucións. Pero para min esa riqueza non é o tema. Creo que está na microtoponimia: en cada anaquiño de terra bautizada. De leira, de monte, ata coias variacións familiares. O que para nós son os Cotóns para os veciños son os Cotos. As Seixas, con toxo e seixo branco, é a Pedra Monteira para os do lado. Hai aí unha riqueza léxica inmensa, centenaria, milenaria, que resiste malia o abandono, as parcelarias, o desleixo dos novos. Son coma os ovos de ouro das pitas de castros encantados, e van morrer para sempre.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
4 votos
Tags
Comentarios

Toponimízate