Carballo / La Voz

As Festas da Barca son / a devoción e a alegría / un aparello invisible / que nos pesca á caída / unha copiosa marea / de sensacións renacidas / Por iso, ó final do vran / repite O Corpiño a rima / «coma sábado da Barca / non o vin na miña vida!». Foron estes versos pronunciados na tardiña do venres polo pregoeiro da Romaría da Virxe da Barca, o escritor Xoán Babarro. Falaba el dese engado que ten un día coma o de onte na vila de Muxía: «Viva sábado da Barca sábado da Barca viva!», xa saben. A localidade está a vivir xornadas ben grandes, ás que Babarro convidou: «Benvidos todos á Festa / en nome dos de Muxía! /Bailade ó son das orquestras / probade o pan e as rosquillas / gozade coas atraccións / moito tino coa bebida / e coidemos deste chan / coma de ouro que escintila / que o herdamos dos avós / e é a nosa regalía».

Hoxe, domingo, será un dos cumios da celebración, con misas rezadas pola mañá e pola tarde no santuario, ademais de solemne ás 12.30 horas, cantada pola Coral de Muxía. Unha vez rematada emprenderase a procesión ata o pobo e a igrexa. Milleiros e milleiros de persoas poñerán rumbo e ollar cara o inmenso Atlántico nesta Festa recoñecida como de Interese Turístico Nacional.

A maior traca de bombas

A Banda de Música Militar Brilat, de Pontevedra; o grupo Xaramiños do Corpiño; Peta Forte; Charanga NBA; Os Santiaguiños; Os Kilomberos de Monte Alto; o Rumbo de Sardiñeiro e o Grupo de Xigantes e Cabezudos de Muxía volverán estar presentes na localidade para facer desta derradeira xornada unha animación constante. Vinte e unha bombas de palenque serán lanzadas ás nove da mañá e, logo da procesión, virá unha longa sesión vermú que anuncian ata as seis da tarde, coas orquestras Noche de Estrellas e Xacobeo. Ámbalas dúas actuarán tamén pola noite, con Los Satélites. Non esqueza, tampouco, a tirada da maior traca de bombas de toda Galicia, ás 14.30.

O pregón de Xoán Babarro na Romaría da Barca 2019

Pode ler aquí o texto íntegro pronunciado polo docente e escritor para dar por iniciadas as festas de Muxía

Cando me convidaron hai uns días a dar este pregón, transporteime instintivamente a 1971. Ese ano o Concello de Muxía erixe no Paseo do Malecón o monumento ó escritor Gonzalo López Abente a quen a Real Academia Galega dedicaba o Días das Letras, ademais de dar a coñecer a súa Monza de frores bravas, unha obra ben significativa dentro do ciclo literario relacionado con este noso culto da Barca. Pois, nesas datas, chegaba eu a Muxía. Para min, que son ourensán e que viña dun centro escolar da montaña asturiana, vivir nunha vila da beiramar descubríame un mundo totalmente novo e emocionante. Así que, pensando en todas estas cousas, decidín iniciar esta comunicación con lembranzas daquelas miñas primeiras vivencias, que, de seguro, coincidirán coas de moitas e moitos dos presentes. E tamén optei por redactala en verso, en recordo do autor de Nemancos e de tantos outros que cantaron esta terra. Aquí vos vai, logo...

Seguir leyendo

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O domingo da Barca encherá Muxía de romeiros