Un recoñecemento público a Félix Porto


Hoxe constitúense as novas corporacións. En Muxía levamos tempo acostumados a que ao final o bastón de mando rematase nas mans de quen nos últimos doce anos foi o seu lexítimo acredor: Félix Porto.

Foi alcalde desde o 2007. Nunha entrevista neste diario hai máis dun ano anunciaba a súa despedida da política municipal e facía un repaso do cumprimento das súas promesas. E fíxoo con normalidade, simplicidade. De forma absolutamente harmoniosa: reivindicándose como «animal político» e agradecendo a compañía de todos que o acompañaron na súa longa travesía política nalgún caso comprometidos e implicados persoalmente como foi o noso.

Seguindo o seu exemplo, aínda que non parecerei tan prudente coma el, sentín a necesidade de redactar este escrito e aproveitar a oportunidade que se nos brinda aos lectores de La Voz de Galicia a través deste espazo, para recoñecer publicamente no meu nome, no da miña familia e en nome de todos os que o acompañamos, o traballo feito en Muxía polo noso alcalde, o alcalde de todos, e sobre todo mostrar a nosa eterna gratitude polo apoio que tanto a nivel institucional como persoal recibimos en todas as iniciativas empresariais, sociais e culturais que entre todos temos emprendido. Sergio Sambad González. Muxía.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
4 votos
Tags
Comentarios

Un recoñecemento público a Félix Porto