«Que non repita como candidato non é pechar páxina e desaparecer»

Juan Ventura Lado Alvela
J. v. lado CEE / LA VOZ

MUXÍA

S. G.

O rexedor muxián, Félix Porto, afronta o seu último ano no cargo co «maior dos orgullos, que ningunha outra parte da política che dá»

25 mar 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Félix Porto Serantes (Ferrol, 1965) deixa a alcaldía de Muxía ao rematar este mandato e faino cun balance positivo e sen pechar as portas á súa presenza na vida política.

-¿Que obxectivos cumpriu no que vai de mandato?

-Primeiro consolidar e apuntalar o orzamento, a situación económica do Concello e despois todos os servizos que se prestan, que non é pouco, e a posta en marcha de aquelas cuestións que eran fundamentais: melloras en comunicación, cerrar o tema da estrada de Touriñán cun acordo coa Autoridade Portuaria, a estrada ata a praia de Lago que se vai facer este ano... É dicir, os grandes proxectos que se consolidaron e que se van a executar agora, que son cantidades sustanciais. Ademais do que é a estrada do Parador o acceso á praia de Lourido. Agora imos contar con orzamento o suficientemente amplo para afrontar os compromisos que tiñamos neste mandato: imos poder facer o do entorno da Barca, está en marcha o de Moraime pendente da contestación do concelleiro de Cultura, que é o que máis se está retrasando porque hai compromiso da Deputación, do Concello e da parte privada. Os grandes temas e algún incluso que non ía no programa electoral están practicamente pechados. Tamén conseguimos, grazas a xenerosidade do Concello de Vimianzo e do seu alcalde ter redactada xa a memoria para dotar de auga a toda a zona de Suxo e Castelo, outra das grandes obras, que é un millón de euros.

-¿É a auga o principal reto de futuro para Muxía?

-O problema é, que xa se falou con Feijoo no seu día, que a inversión para dotar de auga municipal a todo o concello asustaba, porque estabamos falando por enriba dos 10 millóns de euros. Polo tanto se conseguimos esa parte dende Vimianzo nós teríamos capacidade de dotar á outra parte do concello. Polo tanto, por unha vía indirecta, seguramente se solucione o problema, relativamente, porque o temor está aí. Se os ciclos se repiten e hai períodos moi longos de seca, o problema está en que aguante o río. Non se pode dicir que o tema está solucionado a estas alturas nin en Muxía nin en ningún outro lado.

-¿Que non repita como candidato supón que se vai apartar da actividade política?

-Eu levo dende moi rapaz mamando a política e son un animal político, iso é evidente. Retírome da política municipal cun orgullo enorme, porque é a que máis satisfaccións produce, xa que son os teus veciños, as persoas que te coñecen e te valoran as que te apoian. Por iso o único que teño son palabras de agradecemento a todas as persoas que estiveron comigo e que me votaron. Ningunha outra parte da política che pode dar tantas satisfaccións, pero eu son dos que pensa que hai que pechar ciclos e deixar paso a xente nova. Teño que centrarme no meu traballo, pero pechar un ciclo non impide abrir outro. Eu vou estar aquí, obviamente, se alguén me necesita para formar parte dese grupo de persoas que estiveron durante estes 30 e pico últimos anos traballando comigo. Na parte que me precisen aí vou estar. Que non repita como candidato non é pechar páxina e desaparecer, para o que faga falta e mentres viva. Outra cousa é que nesta primeira liña vou dar un paso atrás, porque quen se faga cargo terá que ter a plena capacidade para tomar decisións, como fixen eu.

-A papeleta non é doada

-Sempre vén detrás de un persoas que o fan moito mellor. Estou convencido de que vai haber unha persoa con tanta ou máis capacidade de traballo e de facer as cousas ben. Nese sentido non teño ningún medo. Penso que a persoa que veña vai estar á altura do que Muxía se merece e facer as cousas mellor do que o fixen eu. Sen ningún xénero de dúbidas.

«Que non repita como candidato non é pechar páxina e desaparecer»

O rexedor afronta o seu último ano no cargo co «maior dos orgullos, que ningunha outra parte da política che dá»

J. v. lado