«Ademais do económico, creas sinerxias con outra xente»

La Voz

MUXÍA

XESUS BUA

11 feb 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Restaurante situado fronte á praia e ao porto deportivo de Muxía. A súa gastronomía está especializada en produtos do mar local.

1. Xa tiñamos a idea de crear este tipo de negocio de hostalaría. Tamén tiñamos o local e a experiencia de traballar no sector, polo que cando coñecemos que había esta axuda foi algo así como un impulso.

2. A tramitación non foi para nada difícil. Ao ter a idea, xa fixeramos un esquema con todas as necesidades e de como levalas a cabo.

3. O desenvolvemento do proxecto foi máis ben rápido. Sempre presentamos todo dentro dos prazos. Cabe destacar tamén a rapidez das aprobacións e os pagos por parte do GALP.

4. O trato que recibimos dos técnicos foi marabilloso, moi persoal. Recorremos a eles en numerosas ocasións e sempre estiveron moi dispostos. Orientáronnos moi ben.

5. Economicamente vale a pena presentarse a estas axudas.

6. Tes moitos apoios a parte do económico. Sacas ideas, impulso publicitario, coñeces a outra xente e créanse sinerxias entre as persoas que vas coñecendo. Penso que che axudan a despegar en todos os sentidos.