Ofrenda a López Abente e concerto no Bela Muxía

La Voz

MUXÍA

No monumento dedicado ao escritor depositaranse flores, como é tradicional

17 may 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Como é tradición en Muxía, o Concello lembrará hoxe ao seu autor de cabeceira, Gonzalo López Abente, cunha ofrenda floral no seu monumento. Ademais, o albergue Bela Muxía acollerá ás 19 horas un pequeno concerto do acordeonista Fernando Fraga e do gaiteiro Óscar Ibáñez, que unhas horas antes participarán tamén na lembranza de Baldomero Cores en Cee.