Cinco citas para festexar as Letras Galegas en Muxía

La Voz

MUXÍA

Unha ruta escolar rosaliana por Muxía abrirá o martes os actos

28 abr 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Unha ruta escolar rosaliana por Muxía abrirá o próximo martes os actos organizados na localidade para celebrar as Letras Galegas. O día 12 haberá un obradoiro literario con María Canosa; o día 17, unha ofrenda floral na tumba de López Abente; o 26, un taller creativo sobre Carlos Casares, e o 27, unha proxección do documental Entrar aos Vilares, de Cibrán Tenreiro.