Días de traballo que son «unha pequena festa»

La Voz

MUXÍA

Admite Canosa que las campañas bien hechas «dan traballo»

16 dic 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Sobre a entrada real ao Senado, Canosa di que é algo complicado, xa que é unha lista especial, con características diferentes ás do Congreso, e el mesmo vai de suplente de María Debén: «Primeiro tería que entrar ela, unha persoa coñecida e coas súas posibilidades». Para esta campaña do 20 de decembro, teñen visitado a comarca José Blanco, Valentín González Formoso, José Ramón Gómez Besteiro (onte mesmo, en Muxía), García Mira... Están sendo días intensos e queda agora a recta final. Juan Carlos é testemuña de que unhas eleccións, se se quere chegar aos cidadáns, dan traballo, pero «para a xente que o facemos con ganas e con ilusión, isto é unha pequena festa».