O Concello vén de dar a coñecer a súa programación en torno ao 17 de maio, que tamén nutre o tecido asociativo
06 may 2026 . Actualizado a las 23:45 h.Presentacións literarias, contos, espectáculos de animación, teatro, música ou actos institucionais terán cabida na programación municipal Malpica nun mar de Letras, que tamén dá cabida a propostas do tecido asociativo local ou de centros educativos. Xa houbo algunha cita en abril, maio será un non parar e chegarase mesmo ata xuño con maratón teatral ou danza, segundo se deu a coñecer onte. Entre as citas destacadas deste mes presente, indicou o Concello, o Festival das Letras do 14; a ofrenda floral ás pandeireteiras de Mens, o 17, ou diversas presentacións literarias vinculadas á identidade e patrimonio da Costa da Morte, da man da entidade Mallas de Area. Todo iso levarase a cabo en diferentes espazos, dende o centro cívico á biblioteca ou o Fogar do Pensionista, erixíndoos puntos de encontro cultural. Reafirma o consistorio o seu compromiso coa promoción da lingua galega e co acceso á cultura; tamén co achegamento desta á mocidade. Pode irse consultando a programación ao detalle nas canles oficiais do Concello malpicán.
A programación de maio
Dende onte ao 15 de xuño. Mostras «Begoña Caamaño: un camiño de sementes» e «De Circe a Morgana».
Venres 8 de maio. «Umami», con Pérez&Fernández: 18.00. Ás 20.30, no Fogar do Pensionista, presentación da obra «A Costa da Morte: naturalmente única». Promove Mallas de Area.
Domingo 10 de maio. Ás 12.00, fin de curso de Malante.
Luns 11 de maio. Ás 11.45, Cris de Caldas con «Mulleres de conto», no centro cívico, para escolares.
Xoves 14 de maio. Festival das Letras do CEIP Milladoiro.
Venres 15 de maio. Ás 10.15, «Chaves invisibles», de Vero Rilo e Luís Iglesias, para crianzas.
Sábado 16 de maio. Ás 20.30, no Fogar do Pensionista, presentación da obra «Begoña Caamaño», de Xosé Manuel Varela, Icía Varela e Nerea Gómez. Tamén promove Mallas de Area.
Domingo 17 de maio. Ofrenda floral ás Pandeireteiras de Mens, no centro sociocultural, ás 12.00 horas.
Venres 22 de maio. «Cantacomic», con Pablísimo, ás 18.00.
Sábado 23 de maio. Fin de curso de Raigañas: 19.00. Tamén esta tarde, no Fogar do Pensionista, presentación de «O país invisible», de Arturo Lezcano, iniciativa de Campal.
Venres 29 de maio. Bases do XXI certame de poesía erótica Illas Sisargas: 12.00. Ás 20.30, presentación do libro «Un mundo que se nos va: razones para rebelarse», de Carlos Taibo.
Sábado 30 de maio. Ás 20.30, na Casa do Pescador, presentación da canción da Romaría de San Adrián.
Domingo 31 de maio. Fin de curso da ACD Carcaxía: 12.30.