Primeira cita coa obra «Begoña Caamaño», na Feira do Libro de Ferrol
CARBALLO / LA VOZ
MALPICA DE BERGANTIÑOS
As Letras volven escribirse este ano dende Malpica, con Xosé Manuel e Icía Varela. Na ilustración, nerea Gómez
25 abr 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Hoxe, en Ferrol • As Letras Galegas —este 2026 dedicadas a Begoña Caamaño— tamén se escriben este ano dende a Costa da Morte. Xosé Manuel Varela e Icía Varela, malpicáns, rubrican precisamente Begoña Caamaño, unha obra que ilustra Nerea Gómez e que edita Embora. Os tres repiten aquela frutífera colaboración do 2025 para dar vida á publicación Pandereiteiras, que no caso de Icía e Xosé Manuel chegaba logo de Cantareiras (Xerais). O libro Begoña Caamaño ten por diante unha intensa xira de presentacións, e a primeira delas será xusto hoxe, na Feira do Libro de Ferrol. Alí intervirán os autores ás 19.00, na caseta de Embora. Boa viaxe para a obra, e proveitosa estrea!