Impulsan en Malpica «Malladas», un ciclo de encontros literarios

La Voz CARBALLO / LA VOZ

MALPICA DE BERGANTIÑOS

Xurxo Souto abrirá en Malpica o ciclo de presentacións literarias
Xurxo Souto abrirá en Malpica o ciclo de presentacións literarias ANA GARCÍA

A asociación Mallas de Area divulgou o programa da iniciativa, que terá como espazo o Fogar do Pensionista

23 abr 2026 . Actualizado a las 17:10 h.

Na Costa da Morte, e moi particularmente en Malpica, as cousas que saen ben dise que saíron malladas. E así, Malladas, é como a asociación Mallas de Area vén de chamar a un novo ciclo de encontros literarios previsto para o mes de maio. As citas terán como espazo o Fogar do Pensionista, e nel compartirase «palabra, identidade, paisaxe e pensamento crítico». «Malladas non é só un nome: é unha maneira de entender as cousas. Cando algo encaixa, emociona e deixa pouso, dicimos que saíu mallado. Baixo esa idea xuntamos catro presentacións moi disintas, pero unidas por un mesmo fío cultural», avanzan. As citas seran estas:

  • Sábado 2 de maio, ás 20.30 horas. Memoria, música e identidade con Xurxo Souto e a súaobra A novela do bravú. Unha viaxe pola memoria musical e a identidade popular galega.
  • Venres 8 de maio, ás 20.30 horas. Territorio e carácter con Xan Fernández e Antonio Fernández: A Costa da Morte: naturalmente única. 
  • Sábado 16 de maio, ás 20.30. Literatura e compromiso con Begoña Caamaño, obra ilustrada da autoría de Xosé Manuel e Icía Varela, nas palabras, e Nerea Gómez, na ilustración. Un achegamento a quen este 2026 lle dá nome propio ás Letras Galegas. 
  • Venres 29 de maio, ás 20.30. Unha chamada a cuestionar o presente e moverse, da man de Carlos Taibo e Un mundo que se nos va: razones para rebelarse.