A exposición poderá visitarse no Fogar dos Pensionistas dende o 17 de xaneiro
10 ene 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Sábado 17 • Comeza con arte este 2026. No Fogar dos Pensionistas de Malpica, na Casa do Pescador, poderá visitarse dende o vindeiro sábado 17 de xaneiro a exposición Peridotita, do xeólogo Manuel Regueiro. A inauguración está prevista para as 19.00 horas, cando intervirá o alcalde, Eduardo Parga. Farano logo Pedro Martelo, presidente da confraría; Xurxo Alfeirán, secretario do Fogar dos Pensionistas; Julia Ures, do colectivo Ponteceso Cultura Permanente, e finalmente o autor, Manuel Regueiro y González-Barros. O catedrático Juan Ramón Vidal Romaní ofrecerá ás 19.25 a conferencia A xeoloxía de Malpica.