Caldo e gaitas en Malpica polo Día de Rosalía de Castro 

La Voz CARBALLO / LA VOZ

MALPICA DE BERGANTIÑOS

A iniciativa tense feito xa noutras localidades, caso de Pontevedra
A iniciativa tense feito xa noutras localidades, caso de Pontevedra Ramón Leiro

Varios establecementos locais repartirán estas viandas no horario de viños 

22 feb 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Mañá • Ao igual que xa fixeron Carballo, Cabana, Fisterra ou Cee, tamén o Concello de Malpica deu a coñecer nas últimas horas o seu xeito de sumarse á celebración do Día de Rosalía de Castro, mañá mesmo, venres 23. Así, dende a concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes, e coa colaboración de varios establecementos locais, o que se ofrecerá será Caldo de Gloria. Onde? No bar Ybarra, no Pescador, no Cornecho de Tano, en Casa Antonio, na cafetería Santiago Apóstol e no restaurante San Francisco. Na hora do viño, como tapa, o caldo de Rosalía. Tamén na hora dos viños, pero pola noite, haberá un pasarrúas de gaiteiros percorrendo os negocios colaboradores e interpretando, entre outras pezas, Alborada para Rosalía. O Concello, doutro lado, distribuirá ademais salvamanteis co poema Miña casiña meu lar, no que a escritora padronesa recolle a receita deste prato de gloria.