Novos fillos literarios para o certame de poesía erótica Illas Sisargas
CARBALLO / LA VOZ
MALPICA DE BERGANTIÑOS

Diana Kurich, gañadora, e Teresa Ríos, accésit, presentaron os seus libros en Malpica
16 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.Diana Kurich, gañadora do 17.º certame de poesía erótica Illas Sisargas con «Feitas ao sisel», e Teresa Ríos, accésit con «Corpo nómade», presentaron o venres estas obras en Malpica. Cita encadrada no programa Malpica, un mar de letras, foi promovida por asociación Caldeirón, que asume a convocatoria do concurso, e Concello.
