«O axuste dos tres partidos foi difícil, pero polo demais estou moi cómodo»

Melissa Rodríguez
melissa rodríguez CARBALLO / LA VOZ

MALPICA DE BERGANTIÑOS

ANA GARCIA

UN AÑO DE CORPORACIONES | MALPICA | ENTREVISTA A WALTER PARDO, ALCALDE; A LOS SOCIOS DE GOBIERNO, Y A LA OPOSICIÓN | «Hai proxectos que van moi avanzados como a aprobación do POS, o punto limpo e o tema dos aparcamentos», dice el regidor

26 may 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Sen nunca antes estar ligado á política, foi elixido candidato polo PSOE no Concello de Malpica, e meses despois, investido como alcalde cos apoios do BNG e de Ciudadanos (agora grupo non adscrito). Walter Pardo Añón (Malpica, 1978) cumpre o seu primeiro ano das eleccións municipais en tripartito en plena pandemia.

-Como está levando estes meses de situación excepcional no país?

-A verdade é que con incerteza e medo, porque non sabes o que vai pasar, se as medidas de seguridade van funcionar e se a xente se vai comportar ben.

-Como valora este primeiro ano de goberno?

-Moi positivamente porque grazas a ler moito, que foi o que me recomendaron, e a preguntar á xente que leva anos en política, aprendín moitísimo. Quedo co que me dixo unha persoa: o primeiro ano, de rodaxe e axuste dos tres grupos políticos; segundo, para empezar a programar os proxectos que tes en mente, e o terceiro e cuarto, darlle vida a todo iso. Vou intentar seguir ese plan.

-É difícil gobernar en tripartito?

-O axuste foi difícil porque cada partido ten as súas ideas, pero polo demais estou moi cómodo. Paréceme que podemos facer un moi bo equipo.

-Nestes meses, que pasos logrou dar?

-Hai proxectos que estamos revisando, pero que van moi avanzados, como a aprobación do POS, a organización do punto limpo e o tema dos aparcamentos no núcleo urbano.

-De que maneira lles afectou o covid?

-Para estes meses tiñamos bastantes actividades programadas de promoción económica, deportiva, cultural... como unha feira de produtos de aquí que xa tiña que estar feita, pero veu o covid e matounos. Para nós foi un pau moi duro porque eran cousas nosas.

-E nos proxectos próximos?

-Tiñamos un proxecto moi importante dunha campaña que, a través da tecnoloxía, abarcara todo o tecido empresarial, que esperamos poder sacar adiante igualmente.

-Que medidas van tomar?

-Imos poñer paneis informativos nas praias e dosificadores de xel hidroalcohólico tanto nos accesos como nos lugares máis concorridos do municipio. Tamén imos desinfectar o interior dos edificios públicos, e temos unha liña de axudas deseñadas para os autónomos, pero estamos a expensas de que tanto o Goberno central como a Xunta de Galicia nos liberen o remanente para poder sacalas adiante.

ALGO POSITIVO

«Imos poñer paneis informativos nas praias e dosificadores de xel hidroalcohólico tanto nos accesos como nos lugares máis concorridos do municipio. Tamén imos desinfectar o interior dos edificios públicos, e temos unha liña de axudas deseñadas para os autónomos, a expensas de que nos liberen o remanente»

ALGO NEGATIVO

«Para estes meses tiñamos bastantes actividades programadas de promoción económica, deportiva, cultural... como unha feira de produtos de aquí que xa tiña que estar feita, pero veu o covid e matounos. Para nós foi un pau moi duro porque eran cousas nosas»