Nace Darredor, un festival de baile tradicional impulsado por Carcaxía

La Voz CARBALLO / LA VOZ

MALPICA DE BERGANTIÑOS

Ana Garcia

A entidade de Seaia ten organizado o encontro para este sábado 27 de xullo: 20.30 horas, en Malpica

25 jul 2019 . Actualizado a las 21:40 h.

Bergantiños é boa terra para a música e o baile tradicional. A asociación Carcaxía, de Seaia (Malpica), vén de impulsar a primeira edición de Darredor, un festival de baile tradicional previsto para este sábado 27 de xullo na Praza Anselmo Villar Amigo, na capital municipal, onde botará a andar a iso das 20.30 horas. Actuarán os grupos Xilbarbeiras, de A Meda (Sada), Malante de Malpica, Fervellasberzas de Raigañas (Cerqueda), Saraiba e Meigallo, estos dos últimos grupos pertencentes á entidade Carcaxía. Colaboran no encontro Concello e Deputación.