«Malpica ten potencial, pero hai que ter vontade e ganas»

F. Rodríguez / T. Longueira CARBALLO / LA VOZ

MALPICA DE BERGANTIÑOS

ANA GARCIA

A CARREIRA ELECTORAL | «O Concello vive unha situación de estancamento, de seguir así, en poucos anos pasará a engrosar a España despoboada», di Walter Pardo, candidato polo PSOE á alcaldía de Malpica 

01 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Presume de nacer o mesmo día que se aprobou a Constitución española. Walter Pardo Añón (1978) dá o salto á política da man do Partido Socialista.

-Á hora de dar este paso á política, pesou o feito de estar vinculado ao tecido asociativo?

-Si. Foi un paso importante para dar este paso á política.

-Como está a ser esta toma de contacto coa política municipal?

-Boa. Sempre tiven inquedanzas sobre o que acontecía no meu Concello. E a súa situación, ao meu entender de estancamento, foi determinante para dar o salto á política.

-O PSOE non vive o seu mellor momento en Malpica, pero poden influír os resultados acadados o pasado domingo?

-Si, penso que o vento está a favor. Nótase que o pobo quere un cambio e esperamos dalo o 26 de maio.

-Como ve a situación política en Malpica?

-De estancamento, como xa dixen. Se non freamos esta situación, dentro de poucos anos pasaremos a ser parte da España despoboada. Malpica ten un potencial enorme tanto en pesca, como agricultura, artesanía, turismo, servizos... Creo que é unha situación que se pode reverter, pero precísanse adoptar medidas. Non en cuanto a investimentos importantes, senón en canto a ganas e vontade de facelo.

-Que programa propón o PSOE para Malpica?

-Hai que rematar o Plan Xeral e buscar un aparcamento público no casco urbano, é algo vital para Malpica se queremos incentivar o consumo e facilitar as cousas aos veciños que residen en Malpica. É preciso tamén darlle pulo a un polígono que leva oito anos nos que só medran os toxos. Hai que abrir a casa da auga porque é un servizo importante, para, entre outras cousas, fixar poboación. Hai que levar o saneamento ao resto das parroquias, apoiar ao sector pesqueiro para que aumenten as ventas na lonxa, que é o primeiro motor económico de Malpica, crear un punto limpo e baixar o IBI ao mínimo. Todas estas cousas precísaas este Concello.

A favor / en contra

  • Cadea perpetua revisable: A favor
  • Aborto: A favor ao dereito ao aborto
  • Investigados nas listas: Se non ser culpables, a favor
  • Traslado de restos de Franco: A favor
  • Referendo Cataluña: En contra
  • Acollida de refuxiados: A favor
  • Eutanasia: A favor
  • Cambio lei violencia xénero: Sempre, a favor das vítimas
  • Prohibición fumar praias e piscinas: A favor
  • Casco urbano a 30 km/h: A favor

Preferencias

  • A que hora se ergue? Cando me esperta o pequeno da casa
  • Que almorza? Café e galletas sen glute
  • Prato preferido: Percebes, polbo, caldeirada e uns bos xurelos en pan
  • Que non comería? Caracois e insectos
  • Bebida preferida: A cervexa sen glute
  • Equipo de fútbol: O Real Madrid
  • Que coche ten? Un Volkswagen Golf
  • Unha afección: A música tradicional galega
  • Un lugar: O monte de Santo Hadrián
  • Que tarefas de fogar realiza? Colaboro en todas as tarefas

Artes e letras

  • Escritor favorito: Non teño un escritor favorito
  • Último libro que leu: Fariña, de Nacho Carretero
  • Última película que viu: Quedo con Hombres de honor
  • Un artista: Ara Malikian
  • Un actor: Edward Norton, Denzel Washington... Pero quedo con Santi Romay
  • Unha actriz: Charlize Theron, pero quedo con Carla Díaz
  • Un cantante: A tropa dos Pardo [ri]
  • Tipo de música: Pop e música tradicional galega
  • Deporte que practica: Correr e natación en augas abertas

A lista

1. Walter Pardo Añón

2. José Ángel Garrido Suárez

3. María Manuela Álvarez Rey

4. Tamara Torrado Roel

5. Sergio Manuel García Villar

6. Adrián Blas Cambón Varela

7. Adrián Suárez Rojo

8. José Novo Velo

9. Carla García Hombre

10. María del Carmen Chouciño Cotelo

11. Ana Vanessa Andrés Rodríguez

12. María Isabel Rodríguez Suárez

13. José Ramón Varela Rey

14. José Barizo Chouciño

15. Mercedes Martelo Mesura

16. Manuel Antonio Ferreiro Varela

17. Carmen Antelo Gorín

18. Javier Añón Cambre

19. Belén López Pérez

20. Tomás Manuel Carrillo Romero

21. Francisco Luis Montes Mantiñán

22. María Belén Iglesias Loureiro