A Foliada e Foliadiña de Cerqueda está próxima: 27 de abril

A renovada directiva da asociación cultural Raigañas ten confirmados en torno a 33 grupos


Carballo / La Voz

Avanzan música, «aleghría», baile e moitas sorpresas. O sábado 27 de abril celebrarase a 13.ª Foliadiña e Foliada de Raigañas, no local social de As Pozacas, en Cerqueda. A renovada directiva da entidade, presidida por Eva Suárez, ten confirmados arredor de 33 grupos:  Acordeonistas e gaiteiros de Oleiros, pandereteir@s de Berdillo, Aloumiños de Malpica, Trubisquiña de Vimianzo, Abaladeiras de Muxía,Lois e Bieito, Arrolo e A Estornela de Boimorto, Carcaxía de Seaia , Aberto por reformas de Malpica, Maghúa, Os do Fondo da Barra, Bandas de gaita de Carballo, Pandereteiras e gaiteiros de Santalla, as Cantareiras de Atalia,Os pescos e grupos da Escola ce Música de Caión, As Lerchas de Agualada, pandereteiros de Cantigas e Agarimos, Os atrevidos de Berghantiños, Banda de gaitas Inllar do Couto, as de Fortín da Pomba, as Tocadoras do Alpendre e os grupos de gaita e pandeireta de Raigañas.

A festa comenzará sobre as 19.00 horas cunha pequena homenaxe a Pazos de Merexo, acordeonista falecido recentemente. Logo seguirá a foliadiña, cos máis novos, e a iso das 20.45 botará a andar a Foliada, ata entrada a madrugada. Os mellors grupos de música tradicional da provincia estarán aquí. 

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Tags
Comentarios

A Foliada e Foliadiña de Cerqueda está próxima: 27 de abril