Esixen a Portos que corrixa os erros lingüísticos nos letreiros instalados en Malpica

La Voz CARBALLO / LA VOZ

MALPICA DE BERGANTIÑOS

BASILIO BELLO

Consideran que o feito é un acto de desprezo ao idioma galego, e que vulgarizan a lingua propia

07 abr 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A sección da Mesa pola Normalización Lingüística de Bergantiños vén de esixir a Portos de Galicia que corrixa os letreiros informativos instalados no porto de Malpica, e con graves erros na lingua. Consideran que é un acto de desprezo ao idioma, mesturando castelán con galego, proxectando este último como «vulgar». Xosé Cotelo, responsable da Mesa de Bergantiños, considerou que o diñeiro do pobo non debe servir para desprezar a lingua. Esixen unha corrección inmediata.