O volcán Lolita

José María de la Viña Varela FIOT 2018PROGRAMA PARALELOPRÓXIMAS FUNCIONES

MALPICA DE BERGANTIÑOS

BASILIO BELLO

Nesta versión de Bezerra e Luque non hai deuses, nin tampouco se suicida Fedra, que é sensual e apaixonada

15 oct 2018 . Actualizado a las 11:58 h.

Hai varias versións de Fedra, ou Hipólito; polo menos cinco na antigüidade. Esta versión de Paco Bezerra, adaptada especialmente para Lolita (González) Flores, parécese á versión de Séneca, que, á súa vez, achégase máis á primeira versión de Fedra de Eurípides; a cal primeira, no foi aceptada polo público da época, por presentar unha Fedra demasiado inmoral. Falamos do ano 430 a.C.

Nas versións máis clásicas (Eurípides, Séneca) e doutras non tanto (Rancine, Unamuno...) hai un rebumbio de deuses, que non che quero contar: Artemisa, Afrodita, Neptuno... Como era habitual, os mortais eran xoguetes, abaneados, zarandeados sen piedades polos deuses; rifando entre eles, para amolar os seres terrenais. Pero nesta derradeira versión, a de Bezerra e Luque, non hai deuses, nin tampouco se vai suicidar Fedra (non procede). Agora a raíña, a muller do rei Teseo (Juan Fernández), amósase como unha muller libre, que quere amar, sen condicións, sen ningún tipo de restricións, nin barreiras morais. Unha Fedra sensual e apaixonada. O personaxe vaille ó pelo a Lolita, tamén muller pasional onde as haxa. «A nadie se le escapa que ésta es una obra por y para la hija de la Faraona, faro y foco de la función» (ABC, 2018). E para afondar aínda máis nesta perspectiva, nesta persoal versión, a Fedra de agora, vive nunha illa, que é un volcán activo; que non deixa, pois, de ser unha metáfora sobre o corazón exaltado desta muller. Un corazón, abofé, ardente como un volcán, que se namora do seu fillastro, Hipólito (Críspulo Cabezas), o cal rexéitaa horrorizado, nada máis insinuarlle ela o seu amor. Para vingarse, en complicidade coa súa ama de cría Enone (Tina Sainz) denuncia a Hipólito diante do rei, como o seu violador. O seu home, o rei Teseo, cabréase un montón, e xa temos unha boa liorta.

Mais esta versión moderna non queda só no dito. Escoitade o que di a páxina web de Mérida (Hoy) sobre a escenografía de Mónica Boromello: «pretende ser un homenaje a la mujer. Sobre el escenario se tratará de recrear un lugar más emocional que físico, inspirado en el <<órgano supremo de la mujer>>. El objetivo es que lo femenino aparezca de forma contundente». Pois vaia!......

Xa me parecía a min raros aqueles ocos do escenario...

Ben, e agora que xa vos supoño situados na historia de hoxe, pásovos a comentar os meus pareceres: non me gustou. Para ser exactos, non houbo sorpresas. A verdade é que non esperaba moito máis de Lolita. Non é que o fixera mal. Pero tampouco foi unha marabilla. De feito, o conxunto, pareceume algo deplorable. Fóra de algunha imaxe fixa, a modo de cadro estético, como é ó comezo, unha Fedra sentada á beira da cama, co pelo longo tapándolle a cara, mentres outros personaxes están a falar. Bonita imaxe. Pero ó pouco dáste conta que a dicción peca dunha declamación clásica, nada convincente; e desde logo nada natural. Lembro ó Teatro Corsario, e mesmo a Rafael Álvarez (El Brujo) que, a pesares de falar en verso, non caen na noxenta declamación, case obrigada para os clásicos (parece ser).

Personaxes estáticos

Tódolos personaxes parecen estáticos, cuns movementos moi reducidos, como se fora unha epidemia contaxiosa. Isto tamén afecta á naturalidade. Unha cama (moderna), como único moble da peza, onde igual senta unha serventa (¿onde se viu tal cousa, na antigüidade?) que os homes poñen enriba os seus pés. Quedan, deste xeito, artificiais, forzados e pouco persuasivos cada un dos personaxes. Se cadra foi adrede, para non desmerecer á protagonista principal.

Estabamos todos desexando escoitar falar a Lolita (ollo, non a Fedra). E coido que custou en exceso desprenderse da actriz, para pasar ó personaxe. Pode que non o conseguíramos. Pois senón, non me explico tantos espectadores de pé, ó remate da función.

As miñas expectativas quedaron moi desmelloradas. Non pasa do cinco. Síntoo, se non vos pareceu así. Xa sabedes: é a miña opinión; só iso. Cada un...

Iso si: parabén para a avoa.

«Non me gustou.[...] Non é que o fixera mal, pero tampouco foi unha marabilla»

Aún queda mucho teatro por delante hasta fin de mes. Teatro, y obras paralelas. Anoche comenzaron las del ciclo OTNI, lo mismo que ayer por la mañana terminaron las de funciones de calle que la lluvia fue llevando al mercado.

Viernes, día 19

Seguirá el programa de sala de la mano de los suizos Compagnia Baccalà con Pss Pss. Y seguirá el OTNI, con Salvador, de Borja Fernández, en el Pazo da Cultura.

Representaciones del certamen de microteatro: Antes que nada, de Faunos y As vacacións máis longas, de Diego M. Buceta.

Más programa de sala con Iphigenia en Vallecas, de Serena Producciones.

Antes de la representación de Commedia, por parte de Contraproducións, se hará entrega del Xograr de Outono al dramaturgo Manuel Lourenzo (20.30 horas).

Íntims Produccións representará Wasted.

Dos obras de microteatro y la obra El tratamiento, en sala.

El FIOT lo impregna todo, con un programa completo por diversos escenarios que envuelve a los espectadores. Fue lo que ocurrió ayer por la mañana en la planta superior del mercado, con el Camaré sonambulante de Antón Coucheiro: con él se acabó el teatro (cubierto) de calle. La noche anterior, el rock cañero de Monoulious Dop, conocido en la zona (Baio, Malpica...) brilló en la Beos. fotos Basilio Bello