Malpica apuesta por la deuda cero, pero dice adiós a los grandes proyectos

Antonio Longueira Vidal
Toni Longueira CARBALLO / LA VOZ

MALPICA DE BERGANTIÑOS

Ana Garcia

El remanente acumulado ronda los 2 millones de euros, de los que 400.000 irán a obras

28 jun 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Al equipo de gobierno de Malpica, que dirige Eduardo Parga Veiga, le obsesiona tener unas cuentas públicas saneadas y no tener que recurrir a los bancos para hacer frente a los pagos más inmediatos. Fue una de las premisas del PP cuando llegó al sillón de la alcaldía en el 2011. Después de unos años complicados (2012-2013-2014) el Ayuntamiento goza de buena salud económica. Paga a los proveedores en menos de 30 días y acumula un remanente de tesorería de 2 millones de euros, de los que 400.000 serán destinados este año a obras, según avanzó el alcalde.

Pero este mandato ya no es el de las grandes infraestructuras, como en el período 2011-2015, cuando se invirtieron 7 millones de euros en la EDAR, la guardería y el centro de salud de Buño. Por el contrario, estos tres primeros años fueron los de «as obras do día a día e do mantemento dos servizos públicos».

En este último ejercicio previo a la celebración de comicios debería estar, por lo menos aprobado y presupuestado, el comprometido centro de día. Por otra parte, se han disipado los nubarrones sobre una posible marcha de la Guardia Civil de Malpica, pero sigue sin resolverse la cuestión urbanística. El PXOM sigue siendo una quimera siete años después de haberse iniciado los trámites.

«Se abro a piscina, que alguén me diga de onde saco os cartos e que partidas se recortan»

Eduardo Parga Veiga vive o seu segundo mandato ao fronte do goberno local de Malpica, aínda que leva na política municipal dende o 2003.

-¿Como valora este último ano e o mandato en xeral?

-Pódese cualificar de continuísta no bo sentido da palabra. O noso obxectivo segue a ser o da estabilidade orzamentaria e o de manter os servizos públicos. Xa tivemos que subir no seu día os impostos por culpa dun plan de axuste e négome volver a facelo. Este ano temos que facer fronte aos mantementos da depuradora, escola infantil e o centro de saúde e quero lembrar que temos un orzamento de 4,5 millóns de euros, con débeda bancaria cero e ao día nos pagos cos provedores. Aínda así acadamos un remanente acumulado de 2 millóns e este ano dedicaremos 400.000 euros a obras.

-Xa non hai grandes proxectos.

-Pero quedan as obras do día a día, as que reclaman os veciños. Eu sempre dixen que había que estar a pé de rúa, escoitar aos veciños e atender, na medida do posible, todas as súas demandas, pero tendo claro que somos un concello pequeno cun orzamento pequeno.

-O da piscina empeza ser un crebacabezas.

-Abrir a piscina supón un gasto anual duns 360.000 euros. Se abro a piscina, que alguén me diga de onde saco os cartos e que partidas recorto para facer fronte ao seu mantemento. Porque quero lembrar que ningunha empresa quere facerse cargo dela se o Concello non sufraga parte dos custes. Ademais, que seguemos sen acadar un acordo con Fenosa para o tema do enganche.

-Pero, ¿hai vontade por abrila?

-Sempre que non se toquen os servizos públicos básicos. Iso téñoo claro. Porque outra opción é incrementar ingresos vía impostos, e logo ¿como lle explico aos veciños que os seus cartos van para pagar un servizo deficitario?

-¿E o centro de día?

-Negociamos coa Xunta posibles ubicacións. Daríame cun canto nos dentes se temos o proxecto comprometido antes das eleccións do próximo ano.

«Este goberno está falto de ideas»

Sergio Manuel García Villar entrou na corporación en xaneiro deste ano: «O goberno municipal está falto de ideas, está canso, non é capaz de sacar a Malpica dos problemas nos que se atopa. Faltan políticas activas. En sete anos non foi quen de lograr unha bandeira azul e iso que temos dez praias. Segue sen haber saneamento nalgunhas parroquias o polígono segue baleiro, perdemos poboación de forma acusada cada ano, sobre todo xente nova, e o centro de día que tanto prometeron dende o PP segue sen saír adiante», dixo.

«Fíxose un traballo moi deficiente»

Mar Ordóñez Varela, concelleira do BNG dende hai 13 meses, teno claro: «Este ano fíxose un traballo moi deficiente por parte do goberno. A política foi a do voto da xente maior e pensando na xente maior, mentres que os máis novos teñen que marchar porque non teñen oportunidades de traballo. Os datos de perda de poboación así o reflicten». Segundo ela, «faltan propostas de promoción de emprego e hai unha perda na prestación de servizos como está a ocorrer co pediatra durante os meses de verán».

Lo positivo

Estabilidad política gracias, en gran medida a la mayoría absoluta lograda en el 2015 por apenas seis votos. A nivel económico, el Concello de Malpica nada tiene que ver con el del 2011 cuando había un agujero en las arcas públicas por el que hubo que acudir a un plan de ajuste y un crédito de 274.000 euros. El remanente ronda los 2 millones, una cifra impensable cuando empezó el mandato. Se logró además frenar una posible marcha de la Guardia Civil, un runrún que venía produciéndose desde el año 2014. El Concello ha mejorado en cuanto a servicios (EDAR, guardería y centro de salud) y se mejoró a nivel de sendas, como la que une Buño con Canta la Rana y Xornes y se han potenciado las fiestas locales con nuevas iniciativas y propuestas interesantes.

Lo negativo

Se mantienen las mismas deficiencias y carencias de años anteriores. El centro comarcal de Buño sigue sin actividad (está previsto abrir en breve una ofician de turismo). El regreso de las colecciones Alfar y García Alén continúan siendo un tema sin resolverse. El plan xeral sigue enfangado en unos trámites iniciados en el 2011 mientras el urbanismo de Malpica sobrevive gracias a las normas subsidiarias de 1995. Y qué decir de la piscina, que sigue sin darse una solución siete años después de aquella polémica inauguración en plena campaña electoral. Un mamotreto del Plan E que costó 1,3 millones de euros a los que hay que sumar otros miles de euros en obras menores. Un verdadero saco roto del que el gobierno no quiere saber nada argumentando que supone un enorme gasto de mantenimiento.