«Estou concienciándome cada vez máis»

La Voz

MALPICA DE BERGANTIÑOS

José Manuel Casal

Aprender a reciclar | Fala o actor e humorista malpicán Santi Romay

28 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Despois de recoller hai pouco o Premio María Casares, participou esta semana en Ecovoz, Santi Romay, actor malpicán. Aprendeu tamén co paso do tempo a necesidade de reciclar e reutilizar: «Eu era unha persoa que non reciclaba moito e agora estou aprendendo e concienciándome cada vez máis», dixo.

Romay ve unha evolución co paso do tempo, e fala de feitos concretos que o marcaron: «Teño moi na miña memoria o de chegar a Malpica cando foi o Prestige e ver todo cheo de chapapote, foi algo que me marcou moito na adolescencia, ver cousas así fanche ver que se arrimamos todos o ombro podemos facer que o futuro sexa algo mellor», afirmó.