Xornada de representacións en Cee e Malpica

Fran Rei representará «O conto da barriga verde» e Il Maquinario fará o mesmo con «Perplexo»


As artes escénicas estarán presentes hoxe en Cee e Malpica. Na vila da Xunqueira a cita será con un dos espectáculos do programa da Deputación DAC Outono Cultural e os destinatarios serán os alumnos do CEIP Eugenio López, que asistirán (Casa da Cultura, 15.30 horas) á representación da O conto da barriga verde, un espectáculo co que Fran Rei homenaxe a Manuel María.

Unhas horas más tarde, o Centro Cívico de Malpica acollerá (20.30) a despedida da duodécima edición da Mostra de Teatro da localidade. A compañía Il Maquinario será a encargada de baixar o pano deste ciclo e farao con Perplexo. Melania Cruz, Fernando González, Fran Lareu e Laura Míguez son os intérpretes desta exitosa obra que recibiu o ano pasado cinco premios María Casares.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Xornada de representacións en Cee e Malpica