Xabier Queipo, gañador do premio poético Illas Sisargas

O escritor compostelán recibiu onte o galardón no transcurso da Cea das Letras


O 11º certame de poesía erótica Illas Sisargas xa ten gañador. O escritor compostelán Xavier Queipo fíxose co galardón con O home invisíbel e que foi elixido por unanimidade polos tres membros do xurado: Francisco Souto Barreiro, secretario da asociación Caldeirón; Antón Noceda, animador sociocultural de Malpica, e Mário J. Herrero Valeiro, gañador da anterior edición.

O fallo foi feito público onte no transcurso da xa tradicional Cea das Letras, celebrada no restaurante A Cunca de Buño e que serviu para presentar tamén a publicación do poemario de Herrero galardoado hai un ano, A razón do perverso.

Queipo, narrador, poeta, ensaísta e tradutor, recibiu o seu premio de mans do alcalde malpicán, Eduardo Parga. Con anterioridade xa recibira outros coñecidos galardóns literarios, como o da Crítica Española (por Ártico e outros mares, en 1990), Manuel García Barros (O paso do noroeste, 1996), Xerais (Extramunde, 2001), Blanco Amor (Os kowa, 2015), ademais do Ánxel Casal, o do AELG e o Premio Nacional pola súa tradución do Ulises de Joyce (2013)

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos
Comentarios

Xabier Queipo, gañador do premio poético Illas Sisargas