Árbores


Carballo é, moi probablemente, a vila-cidade de máis de 30.000 habitantes de Galicia, de España e ata de media Europa con menos árbores na súa malla urbana. Rectifico: de máis de 20.000. E ata apostaría por rebaixar ata os 10.000. Tamén hai moitas con menos veciños que o superan, e de lonxe. Non chega esta páxina para poñer exemplos. Esta semana vin máis árbores na beira da rúa Carballo de Madrid que en media capital de Bergantiños. Entrar na Coruña ou en Santiago polas novas avenidas é facelo entre arboredas. En Lugo. En Pontevedra. En Ezcaray, en Londres, en Vitoria (outro mundo). En calquera lugar de Asturias. En Sada, en Cambre. Para que seguir: en todas partes, con independencia do signo político.

O problema vén de moi lonxe, e segue. ¿Como é posible que coas obras que se fixeron na avenida de Negreira, na de Malpica ou na rúa Perú non se prevese iso? Só cemento e beirarrúas. Iso non ocorre nin en Fuerteventura, e alí precisamente o verde non abonda. En Puerto del Rosario hai árbores (si, poucos) igual ca hai pinturas nas paredes para eliminar o feísmo. Aquí fixéronse cousas boas (os murais, o pedibús...), coa cal é aínda máis chocante que non se apostase polo vexetal. E non só xardiñeiras, que moitos aproveitan para tirar as cabichas. Algunha vez que o comentei tenme dito que se intentou, pero que había protestas dos veciños. Como cando o carril bici da rúa Fábrica. Supoño que o motivo será outro, aínda que non hai que esquecer que o desleixo polos árbores é tanto públlico como particular. E agora, na igrexa e na praza, máis do mesmo. A ver se polo menos pintan un mural no que se vexa un bosque.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
13 votos
Comentarios

Árbores