O concurso de poesía é convocado polo Concello de Laxe, nas categorías infantil, xuvenil e adulta
29 jul 2026 . Actualizado a las 05:00 h.O Concello de Laxe, a través da súa concellería de Comercio, Hostalaría, Turismo e Cultura, ten en marcha a edición número 20 do certame de poesía Antón Zapata García. Unha entrega redonda que, como vén sendo habitual, incluirá premios nas categorías infantil, xuvenil e adulta. O concurso, co que o Concello tamén trata de seguir difundido o nome e legado do poeta laxense (1886-1953) ten aberto o seu prazo de inscrición ata o vindeiro 18 de agosto, polo que quedan días por diante para tirar do maxín e a creatividade. As persoas interesadas en obter máis información poden consultar a web municipal do consistorio laxense —www.concellodelaxe.com— ou ben chamar ao 981 706 903. A entrega de premios adoita ser nun espazo único, a Praia dos Cristais.