«O que arde» proxéctase na praza da Segunda República no «Cine na rúa»

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

LAXE

Internet

A actividade forma parte da oferta lúdica do Concello de Vilagarcía

28 ago 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A oferta lúdica-cultural para hoxe venres ten o audiovisual galego como protagonista. No marco do ciclo de «Cine na Rúa» organizado pola Concellería de Xuventude, a Praza da Segunda República acolle a proxección de «O que Arde», a galardoada película do director galego Oliver Laxe, rodada en Galicia, en lingua galega e que describe a problemática que se vive no noso rural. A proxección comezará ás 22 horas e, como xa é habitual, o público disporá dunha zona acotada de cadeiras debidamente separadas para manter as medidas de seguridade fronte ao covid-19, ademais de ser obrigatorio o uso de máscara e a desinfección de mans. En caso mal tempo, a actividade celebraríase na Praza da Peixería.

Dirixida por Oliver Laxe con guión do propio Laxe e de Santiago Fillol, «O que arde» está protagonizada Amador Arias e Benedicta Sánchez, actores non profesionais que confiren á película unha enorme dose de realismo e credibilidade. A película, estreada no 2019, é un drama rural que conta a historia de Amador, un pirómano ao que ninguén espera cando sae do cárcere tras cumprir condena por ter provocado un incendio. Nese regreso a súa casa, nunha aldea perdida das montañas lucenses dos Ancares, volverá a convivir, ao ritmo sosegado da natureza, coa súa nai, Benedicta, a súa cadela Lúa e as súas tres vacas.