José Luis Pérez, alcalde de Laxe: «Máis vale pecar por exceso»

Cristina Viu Gomila
Cristina viu CARBALLO / LA VOZ

LAXE

ANA GARCIA

UN ANO DE CORPORACIÓNS | ENTREVISTAS AO ALCALDE DE LAXE E AOS VOCEIROS DA OPOSICIÓN | Di que a nivel de seguridade o mellor é ser precavidos na desescalada, pero lembra que a vila é un referente turístico

29 may 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

O alcalde de Laxe, José Luis Pérez Añón, recoñece que no tema da desescalada é mellor pecar por exceso por iso non vai programar festas. Tamén polo que respecta á praia agardará ao que digan os responsables da Bandeira Azul.

-Como van afrontar a tempada de verán?

-Estamos a mirar maneiras de reactivar o turismo. Menos mal que o principal desta situación non caeu no verán, polo que dentro do que hai non temos malas expectativas. Temos bo ánimo para saír desta. No terreo das festas é mellor non programar ata que non se nos informe das directrices, porque é complicado organizar algo e que non poidan asistir máis que un número concreto de persoas. Na praia temos que agardar tamén polas medidas que temos que tomar.

-En Laxe teñen moito atractivos para os visitantes.

-Temos o problema do aparcamento, pero temos unha praia grande, das máis bonitas de Galicia e temos claro que moita xente vaise achegar porque somos xente agradable, hai moi bos restaurantes e hoteis. Está claro que a xente que veu vai repetir, porque é unha zona que invita a volver.

-Como valora o ano que pasou desde as eleccións?

-Creo que foi ben, fixemos bastantes cousas, pero agora veu o do coronavirus e houbo un parón importante, pero os funcionarios están a traballar moito, aínda que non é o mesmo que desde o Concello.

-Que obras teñen pendentes?

-Temos varias que van comezar pronto como a reforma da praza da rúa Cantón, o acondicionamento de accesos á capela de Santa Rosa e o Muíño do Vento, a conservación das rúas Panadeiras e Sol, obras nas do Cruceiro e Cesáreo Pondal e tamén traballos na zona rural, como conservación de camiños en Coens ou a rehabilitación do centro social de Traba. Tamén estase facendo senda peonil e agardamos que coas obras de recollida de augas pluviais quede solucionado o problema na zona do paseo. Temos que ver se a mellora que se está a facer vai ser a solución ou, polo menos, vai reducir o problema.

-Que outros proxectos teñen?

-O servizo de axuda no fogar estase a facer con persoal municipal e unha empresa e queremos licitalo. Tamén a limpeza de edificios municipais e renovar o contrato de mantemento do alumeado e o contrato da auga.

Algo positivo. Entre las obras que destaca el regidor están la ampliación y mejora del parque infantil de la plaza de los Voluntarios, el arreglo del muro de Carrabete, el refuerzo del gimnasio, el pavimento en el campo de fútbol, el enterramiento del tendido eléctrico en el casco urbano, la mejora en eficiencia energética y la instalación en Rosalía de Castro y Vila Amparo, entre otras. «Os funcionarios están a traballar ao 1000 %», dice el alcalde, aunque reconoce que no es lo mismo. 

Algo negativo. «En Laxe temos o problema do aparcamento», dice el alcalde. Es uno de los asuntos que frena el desarrollo turístico y se ha convertido en un gran dolor de cabeza para los visitantes. La idea es solucionar la falta de espacio con estacionamientos en solares.