Animais


Contáronme o outro día a historia dunha garza que, cada día, viña ver un cabalo que pace tranquilamente nun herbal de Matío, en Laxe. Creo que todos coñecemos casos de animais que aproveitan a presenza de outros para satisfacer as súas necesidades, sobre todo as alimenticias, pero este non é o caso. Polo que me relatan, é unha amizade ou como se chame, se hai algún nome para iso: chega a ave e empeza a moverse a canda a besta, picando aquí e aló, e así pasan as horas dun lado para o outro. Cando se cansa, vai ver unhas vacas que están noutra leira, e logo volve.

Nos tempos actuais parece que só vemos o que fan as estrañas parellas de animais nos vídeos do Facebook e similares: que se un can cunha galiña, que se un tigre cun gato... En realidade, parece que só vemos todo por aí, e o mundo -tamén as aves- seguen correndo polo aire que temos na volta. E tamén se achegan ás persoas que lle deixan, pero xa non hai quen o faga. Lembro os corvos amestrados, e tamén as pegas. As pombas que se metían un día na casa e empezaban a andar atrás de ti como se fosen canciños. Os casos máis estremos dos porcos ou dos xabarís. Mesmo cuchos que paseaban detrás dos donos ata a taberna, que iso vino eu el Olveira! Toda unha fauna peculiar que durante xeracións nunca faltaba nas parroquias. Os anteriores son só exemplos de tantos máis que se poderían poñer.

Pero non, agora móvense nas pantallas de seis polgadas, aínda que os gravasen hai catro anos en Singapur. Menos mal que de vez en cando hai garzas que buscan compañeiros. Porque tamén as garzas sufren soedades, buscan compaña e poder pasar as horas mellor.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Tags
Comentarios

Animais