«Levaba traballando 16 anos e conseguín a acreditación en dous»

j. g. SANTIAGO / LA VOZ

LAXE

21 ene 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Roberto Miñones está satisfeito da experiencia de conseguir a acreditación de competencias profesionais no CIFP Politécnico de Santiago. Neste centro tamén atenderon demanda de alumnado de Estremadura, Andalucía e outras comunidades, e algúns acudiron varios anos para atinxir o obxectivo. Miñones exerce en Electrificaciones Miñones (Elmi), unha empresa familiar de Laxe, onde representa xa á terceira xeración.

-Por que se acreditou?

-Era unha oportunidade profesionalmente interesante e tamén para mellorar a formación.

-Resultou difícil a experiencia?

-Levaba 16 anos traballando e conseguín a acreditación en dous. Foi cuestión de demostrar que sabía facer o traballo. Non che quita moito tempo e para min foi fácil.

-Influíu na súa profesión?

-Si, agora podo asinar un boletín ou certificar unha obra, e antes non. Podo traballar mellor no que me gusta. A nosa empresa ten traballo en Galicia e no exterior, agora estamos instalando unha liña eléctrica aérea en Zaragoza, e é importante esta nova situación que teño agora.