«Eran de Medio Rural, sen o abrigo de peles, case quedan entalados os repolos e máis eles»

Lupe Blanco

LAXE

MATALOBOS

A REGUEIFA DA SEMANA, POR LUPE BLANCO | A análise con máis retranca da actualidade municipal

20 ene 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Aquí canto, aquí canto,

que me toca de cantar,

veño botar a regueifa,

e algo terei que contar.

Resumimos a semana,

toda chea de friaxe,

que decomisaron pulpo

sen documentos en Laxe.

Non levaban documentos

porque non eran moi grandes,

éranche pulpos da ría,

que non eran inmigrantes.

Xa o dicía o anuncio,

se me poño a recordar,

non comamos dos pequenos,

hai que deixalos medrar.

E seguimos de alimentos,

agora que vou cantando,

viñéronnos ver a horta

a Valenza, en Coristanco.

Eran de Medio Rural,

sen o abrigo de peles,

case quedan entalados,

os repolos e máis eles.

O que si que temos claro,

e aínda me quedo corta

que produtos coma os nosos,

non os ten calquera horta.

Pois teremos que plantar

e coller eses viales,

porque non dan arrincado

os proxectos industriales.

Xa nos cerran en Meirama,

era visto todo esto,

vano notar en Cerceda,

que lle merman os impuestos.

Que aprendan de Carballo,

sen Meiramas nin Alcoas,

gastan vinte milloncetes

en dous anos para obras.

Escoitastes o que dixen?

Pois xa queda todo dito,

con tanto millón por ano,

Carballo queda bonito.

Tamén que vaian pensando,

de frenarse en tanta obra,

hai que ser aforradores

e deixar da risa pa chora.