Panchita

Vicente de Lema ONDA MAINA

LAXE

06 feb 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Hai uns 15 anos, unha raposa, á que lle chamaban Panchita, ía comer tapas ás voltas da taberna de A Torre, en Laxe. José Soto, o dono do establecemento, chamaba por ela, que lle ía a man a coller as viandas coas que el a agasallaba. Algúns veciños estaban abraiados pola mansedume do animaliño. Collía parte dos alimentos, enterrábaos e volvía por máis. Acabou desaparecendo sen que se tivesen noticias da causa. Nun dos últimos veráns, outro exemplar tamén se achegaba á praia laxense para repoñer forzas nas proximidades dos contedores do lixo. Igual era un descendente de Panchita.

Lembro tamén, un caso anterior, ala polo 1999. O dun raposo despistado e malhumorado que entrou, seguro que por descoido, na Casa Rogelio de Baio. Seguramente buscaba unha escapatoria porque se introducira na travesía do pobo e andaba fuxido regateando os autos. Obviamente, dentro do local, con varios clientes, non tiña acougo, daba saltos, seguramente polo medo que lle podía ter á media ducia que persoas que había nese momento. Subira á plataforma da televisión e logo saltaba polos andeis e ensinaba os dentes. As cousas caían polo chan e había moita violencia. Un mozo colleu o pau dun sacho que estaba á venda e pegoulle ao animal un estacazo na testa. Morreu no acto. O pobre raposo pagou coa súa vida un intre de confusión.

Acordeime destes dous casos máis próximos tralas liortas producidas nos campionatos de caza de raposo. Cada un é ben libre de practicar as actividades legais que lle presten, pero eu non sería quen de pegarlle un tiro a un animaliño como Panchita.

«No entiendo

nada de gallego, pero mi intención

es aprenderlo en

estos meses»

«El ambiente que he visto hasta ahora por el pueblo es muy bueno, la gente no es racista»