Redescubrindo a Antón Zapata en Laxe

Miro Villar repasou a vida e a obra do poeta

Redescubrindo a Antón Zapata en Laxe Miro Villar repasou a vida e a obra do poeta

A figura de Antón Zapata levou onte ata Laxe a un dos maiores coñecedores da vida e da obra do poeta. Miro Villar -na imaxe xunto ao concelleiro Xosé Manuel Pose- relatou o periplo vital do autor laxense, marcado pola emigración, e explicou a fonda pegada que a vila deixou no seu único libro, publicado ademais uns meses despois da súa morte. Ademais, Villar anunciou a próxima edición dunha nova obra cos poemas mariñeiros de Zapata.

Votación
3 votos
Comentarios

Redescubrindo a Antón Zapata en Laxe