Reeditan «Historia de Galicia. Compendio», de Ramón Marcote

La Voz CARBALLO / LA VOZ

FISTERRA

A reedición da obra de Ramón Marcote será presentada este vindeiro sábado
A reedición da obra de Ramón Marcote será presentada este vindeiro sábado .

A obra fora publicada no 1925 en La Habana, Cuba, por este insigne fisterrán

26 may 2026 . Actualizado a las 20:17 h.

Sábado 30 de maio • 12.00 horas • Concello de Fisterra e Biblioteca da Fisterranía, co apoio da Xunta a través da Dirección Xeral de Cultura, presentará este sábado a mediodía a edición facsimilar do libro Historia de Galicia. Compendio, publicado no 1925 polo fisterrán Ramón Marcote en La Habana, Cuba. Cumprido pois o centenario, a idea é render tributo a unha das grandes figuras da cultura galega na emigración, un dos grandes intelectuais do século XX e, no caso dos fisterráns, saldar con el e co seu legado cultural «unha débeda histórica». Traslada o consistorio que, con esta reedición, se lle poñerá o broche de ouro á súa producción literaria, toda vez que xa no 2023 fora recuperada a súa Obra en prosa pola Biblioteca da Fisterranía, con edición de Modesto Fraga. No acto deste sábado ás 12.00, no mercado, estarán presentes Anxo Lorenzo, director xeral de Cultura; Eduardo Esteban, presidente da Asociación Colón Galego; Rocío Marcote, sobriña do homenaxeado; Modesto Fraga, escritor, e Luís Insua, alcalde. Cada unha das persoas levará un exemplar de agasallo, ata esgotar existencias.