O escritor Modesto Fraga presentou o mércores en Casa Lestón a obra sobre este persoeiro
19 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.«Ramón Marcote xogou na casa», conta Modesto Fraga, coordinador da obra sobre este persoeiro de Sardiñeiro (Fisterra) que, o mércores, se presentou precisamente aí, en Casa Lestón. «Homenaxe e xustiza histórica», explica, con familia presente (as súas sobriñas Rocío e Rosa) e tamén representantes municipais, o párroco ou o director do Museo do Pobo Galego. «No transcurso do acto a sobriña de Ramón Marcote aproveitou para mostrar, en rigorosa primicia, o testamento do escritor nado en Sardiñeiro. No referido documento Ramón Marcote doa a súa biblioteca persoal (máis de 2000 volumes) ao Centro Galego, ademais de varias doazóns económicas destinadas a entidades benéficas galegas en América», traslada Fraga. En breve, o libro será presentado en Pontevedra, Santiago e San Sebastián.