José Marcote, PSOE de Fisterra: «Teste que prantexar os pactos como un mal menor»

F. RODRÍGUEZ / C. Viu CARBALLO / LA VOZ

FISTERRA

Ana García

A carreira electoral | O alcalde fisterrán quere rematar proxectos xa iniciados no pavillón, no mercado e no faro. Tamén avanzar no saneamento

13 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O alcalde de Fisterra, José Marcote (1961), vaise presentar á reelección por terceira vez.

—Cre que hai que limitar os mandatos?

—Sempre entendín que dous deberían ser suficientes para, polo menos, poñer en marcha o teu proxecto, para que se vexa por onde queres ir a para que as persoas que collan o relevo podan seguir, pero, claro, non foron dous mandatos realmente, senón un e medio porque a outro medio papouno a pandemia. Estivemos a outras cousas máis importantes como é a saúde da xente. Iso consumiu recursos e moito tempo. É certo que podería parar aquí, pero necesitaría eses dous anos máis. Precisamos un pouquiño máis de tempo para que se vexa o que realmente queremos facer.

—Como valora o feito en Fisterra nestes últimos catro anos?

—Non se pode facer unha valoración moi concreta do que do proxecto se trata porque estamos facendo cousas que xa tiñamos que ter feito hai un ano e medio. Pero tamén é verdade que fumos máis lentos porque agora si que estamos acelerando outra vez, pero a sensación é un pouquiño de impotencia, por unhas circunstancias que puxeron firmes a todo un planeta. Iso foi o que marcou un pouco todo o mandato, sobre todo a segunda parte.

—Que tal a experiencia do acordo co BNG?

—No primeiro mandato, ben, neste segundo, realmente, non estou contento coa actitude do BNG. Están pensando máis en clave partido que en clave Fisterra e iso fai que moitas veces as cousas non funcionen todo o ben que debería. E unha cousa que temos que replantearnos seriamente.

—Como ve futuros pactos?

—Calquera que se queira dedicar á política e teñas como foco o traballo polo teu pobo ten que estar aberto a todo. Está claro que a política é capacidade para dialogar e asumir as cousas dos demais e que os demais fagan o mesmo coas túas. As veces teste que prantexar os pactos como un mal menor. Tes que ir aprendendo. Nós temos unha experiencia e o que non temos que facer é cometer os mesmos erros que en épocas anteriores. Hai que ir aprendendo, pero tendo Fisterra e o beneficio dos nosos veciños na cabeza.

—Que destacaría do programa electoral?

—Levamos 8 anos traballando. Non facemos un programa de cousas novas, aínda que, evidentemente, sempre hai. Temos cousas atrasadas que tiñamos que ter feito, como a rehabilitación do pavillón que agora xa estamos a punto de firmar o contrato coa empresa, temos o noso mercado cultural para que a parte de arriba se converta nun espazo que agora non temos e que tamén se vai firmar e temos un punto moi importante no faro. Agora parece que avanzamos, pero lentamente porque o PP sempre estivo noutra idea, de facer un hotel en vez de un centro de interpretación. Temos que seguir traballando no saneamento.

A LISTA

1. José Marcote Suárez

2. Soledad Vilela Romero

3. Alexandre Domínguez Lado

4. María Rocío Mariño López

5. Juan Manuel Santamaría Vázquez

6. Noelia Marcote Papín

7. Lois Benlloch Fernández

8. María Celia Pérez Trillo

9. David Castreje Ferrío

10. María Romina Pazos Canosa

11. Elías López Domínguez

Suplentes

1. Lucía Canosa Pequeño

2. Ignacio Iván Fraga Moure

3. José Alberto Lamas Díaz

PREFERENCIAS

  • A que hora se ergue? Ás 7
  • Que almorza?: Tostadas con aceite e avea
  • Prato preferido: O peixe
  • Que non comería? Probo do todo
  • Bebida preferida: A cervexa
  • Equipo de fútbol: O Fisterra
  • Que coche ten? Toyota Auris Híbrido
  • Unha afección Camiñar
  • Un lugar Talón, co faro ao fondo
  • Unha rede social? Facebook

PREFERENCIAS

  • Escritora, escritor favorito: Noah Gordon
  • Último libro que leu: Un sobre Corcubión
  • Última película que viu: Avatar
  • Un artista: Dire Straits, Doors
  • Un actor: Fernando Fernán Gómez
  • Unha actriz: Fíxome máis na película
  • Un cantante: Dire Straits, U2, Supertramp
  • Tipo de música: Escoito de todo
  • Deporte que practica: Só andar.
  • Unha viaxe pendente: Lonxano Oriente