Nomes


En La reina del sur, o libro de Pérez-Reverte que ademais levouse despois á pequena pantalla, uno dos personaxes era Santiago Fisterra. Un contrabandista, por suposto galego. Xa me chamara a atención o feito de que o escritor escollese para un dos seus malos a un tipo que parecía un anuncio da prolongación do Camiño. Como eu son mal pensando, non sei se tería algo de que o excelente autor nunca demostrou moita querenza polos topónimos normativos. A ver se en vindeiras obras algún se apelida Finisterre, e é o heroe.

Resulta que hai uns días presentouse Hache, una produción de Netflix ambientada na Barcelona dos 60, nos baixos fondos (tráfico de drogas, prostitución...). Vaise estrear o 1 de novembro, para quen lle interese. ¿E como se chama o xefe mafioso? Malpica! Si, o xefe é Malpica. Ben certo que estará moi ben interpretado, porque o papel está en mans de Javier Rey, que tan ben o fixo en Fariña.

Seguro que en ambos casos son casualidades, pero ben rechamantes. E igual que se conta unha cousa, tamén hai que contar a outra: Fisterra ten dado nome a grandes espectáculos de música, danza, webs, marcas, libros, teatro, empresas e proxectos de fóra de Galicia precisamente como homenaxe a ese nome antropoloxicamente tan evocador. O mesmo que Camariñas, Ézaro, Muxía... e tamén Malpica. Ata a Costa da Morte é unha denominación que vende, que ao principio ninguén quería (alguén imaxina un barco bautizado así, por exemplo?), pero que agora parece que se rifa. Con todo, eu quedo coa dúbida interna da elección de ambos nomes para os malos-malotes.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
7 votos
Comentarios

Nomes