A lonxa de Fisterra amosa dous dos seus tesouros do seu mar

La Voz CARBALLO / LA VOZ

FISTERRA

Ana Garcia

Chega a Fisterra a mostra Os océano que nos une, un proxecto encadrado no proxecto Morada Atlántica

12 sep 2019 . Actualizado a las 12:45 h.

Chega a Fisterra a mostra Os océano que nos une, un proxecto encadrado no proxecto Morada Atlántica, unha iniciativa colaborativa dos oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro de Galicia. Será inaugurada ás 12 no lonxa fisterrá. En realidade a exposición tería que estar no Museo da Pesca, no castelo de San Carlos, pero por cuestións de espazo foi trasladada.

A apertura desta mostra coincide co décimo terceiro aniversario da creación do Museo da Pesca de Fisterra, polo que xa levan pasado 110.000 persoas.

Naufraxio

Na mostra poderá verse a campá do vapor mercante Mathew Cay, que naufragou en 1887. Foi recuperada nos baixos da Carraca, a tres millas do cabo Fisterra. Outra peza que se poderá ver é unha nasa francesa da langosta, que non se chama así por ser gala, senón porque con ella se collían os exemplares que logo o emprendedor local Plácido Castro Rivas exportaba en barcos viveiros a finais do século XIX. Son algúns dos elementos procedentes do castelo. Unha das persoas que está ao seu coidado e guía fundamental, Francisco Manuel López, máis coñecido como Alexandre Nerium, o poeta, conta que o museo foi aberto con tres obxectivos. Un foi a conservación do patrimonio da pesca e do mar de Fisterra. Aí están por iso as nasas e outros aparellos singulares da súa costa. Outro era o da divulgación do mundo mariñeiro da vila e, o terceiro, dignificar o traballo da xente da pesca e do marisqueo.

Alexandre Nerium

Alexandre Nerium, que é a mesma alma do museo fisterrán, di que unha das satisfaccións máis grandes que ten é cando gran parte da xente que visita o museo no momento da marcha acaba dicindo: «Y dicen que el pescado es caro». É algo que, segundo di, o enche de orgullo.