Exposición en la Casa das Peritas de Mallas: puertas abiertas

La Voz CARBALLO / LA VOZ

FISTERRA

NATASHA LELENCO

Puede acercarse sábado y domingo para viitar «Tres tristes artistas entre tantos tristes trastos»

26 jul 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Si no tiene plan de fin de semana, puede acercarse sábado y domingo -de 12.00 a 21.00- a la Casa das Peritas, en Mallas, Fisterra, que abre sus puertas con la muestra «Tres tristes artistas entre tantos tristes trastos», inaugurada días atrás (imagen). Así describen desde la Casa das Peritas este acto y lo que la muestra significa: «Tres tristes artistas entre tantos tristes trastos é un trabalinguas que dá título a unha mostra na que se reúne obra de Natasha Lelenco, artista moldava impulsora do proxecto que, desde fai uns anos, ten na localidade o seu principal espazo de traballo, que nesta ocasión convive expositivamente coas monumentais e evocadoras esculturas de Jose Perozo (Vigo 1978) e a arte textil de María Magán (Boiro 1982). A proposta, única nas súas características, achega a un espazo singular e inesperado, a acolledora aldea de Mallas, nas proximidades da praia de Langosteira, unha experiencia difícilmente clasificable, na que o teatral, o visual e o performativo se dan a man. A exposición invade boa parte do espazo arquitectónico da vivenda e do xardín e poderá visitarse en horario ininterrumpido de 12:00h a 21:00h todos os sábados e domingos de verán ata o 31 de agosto. Obras pertencentes a proxectos personais dos artistas participantes conviven nesta proposta con producións específicas a modo de instalacións que dan vida a espazos e ofrecen unha experiencia case teatral ao visitante. A entrada é de balde e o evento conta coa colaboración de Vermutería de Galicia, que convida a maridar a experiencia artística proposta polos tres artistas cos seus vermús Petroni. A idea afirma Natasha Lelenco, é propor unha experiencia que vaia máis alá do feito expositivo e dunha acción de venta da obra dos artistas implicados, que tamén o é, no que a propia ubicación da casa e a súa arquitectura dialoguen coas obras dos artistas. A mostra exhibe case medio centenar de obras en diferentes formatos e linguaxes e para todos os petos, que poden adquirirse nalgúns casos desde os 50 euros directamente aos artistas e sen intermediarios».